Wednesday 15 de May de 2024

Esgotadas nun tempo récord as prazas para o curso de deseño e impresión 3D


O curso de deseño e impresión 3D organizado polo Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría da Mocidade, e Tecelán esgotou en menos de vinte e catro horas as dez prazas ofertadas. A proposta publicouse no luns desta semana e na mañá de onte xa estaba completa a ocupación.
A acción formativa, destinada para tódalas idades, desenvolverase no Fab Lab da Casa da Mocidade os días 5, 12 e 19 de setembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
En vista do resultado, estase avaliando a posibilidade de amplia-la oferta con novas edicións en datas próximas. En consecuencia, as persoas interesadas poden continuar anotándose de balde a través do teléfono de contacto 981843281 ou dos enderezos electrónicos alcaldia@apobra.gal e correo@apobra.gal. Deste xeito, seguirase configurando unha listaxe de participantes para o próximo curso e, unha vez se establezan os días, comunicaráselle-la dita información ás persoas inscritas.